O PORQUE DE DOMAIO

O catedrático e político galeguista Antón Losada Diéguez, casou en 1.915 con Albina, filla de D. Laurentino Espinosa e Concepcion Cervela, donos da finca de Montalegre.
Un ano mais tarde morre Albina e volvese a casar en 1.920 co a súa cuñada Mercedes.
Nas suas longas estanzas na finca de Montalegre, descobre e estuda o castro nas inmediacions. Escribe ensaio, teatro, poesia e a lenda "Camiñantes" da que diría :"xurdiu no engado dos reibons de un solpor de Domaio".
Nesta lenda, Losada mantén que os primeiros poboadores da nosa terra proveñen do centro de Asia. Conta Losada como desas terras parten as primeiras expedicións de colonos cara a Galicia:
A primeira ademiración do home debeu ser a fuxida do sol e a chegada da noite, enton os homes mais novos, despedianse dos vellos, e levando gando con eles comenzaron a camiñar tras o sol, camiñando pasaban os anos, os novos facianse vellos e os novos mozos, e seguian camiñando en busca do niño do sol.
Nun dia de primaveira, Gael o mais valente dos guerreiros e Linn a rapaza loura, sentiron a chamada do do sol dos seus avós, puxéronse a camiñar sós, seguindo os regatos, os rios, entre fragas, montes e fervenzas, en unha mañan abriuse o dia diante deles e Linn e Gael seguiron o sol e pasaron un monte que se metia no mar que chegaba a eles e bicaba os arbores. Linn e Gael atoparon o berce do sol, por fin miraban o niño do sol.
Imaxinámonos que nos primeiros tempos non había linguaxe, os nosos ancestros comunicábanse con xestos, con sons ou simplemente coa mirada.
Existen moitas teorias da procedencia do nome da nosa parróquia, quizas sexa algunha das coñecidas ou outra, pode que nunca se sepa con certeza:
Fray Martin Sarmiento, defende que vén do latin, pois comprobamos como en toda a eda media, toda a comarca do Morrazo pertence o convento benedectino de San Juan de Poio, mentras ó termino parroquial de Domaio, depende do convento cisterciense de Santa Maria de Melon, "hoc est noster dominium"isto e o noso dominio,(DOMINIUM-DOMANIO-DOMAIO) quedaba, pois, un dominio de Melon na comarca.
Nas primeiras cartas topograficas publicadas, o primeiro nome que se pon na parróquia e SANTA MARIA, polo que non e desatinado pensar que fose ese o primeiro nome da parróquia.
O noso recordado conveciño José Piñeiro, nunha lenda que titula coma esta colaboración, conta como os poboadores do outro lado da ria, Rande, veñen a saquear os frutos da terra e ante a feroz resistencia dos domaieses, decianlle os saqueadores"domainos"(DOMAINOS-DOMAIO) a outra vertiente di que ante a pouca producidad da terra dinlle os poboadores "DOMAINA",referindose a terra.
San Martin Dumiense andivo por estas terras e pode que tamen bautizase algun sitio co nome da sua procedencia (DUMIO-DOMIO-DOMAIO)
O concello ten encargado un completo traballo sobre a toponimia local, no que se defende que o nome da parroquia ven do antiguo idioma indoeuropeo na sua rama celta, e veña da vos Dheu-mo, que significa, sitio cheo de lama ou pozas (DHEU MO-DHUMAIO-DOMAIO)
Os nomes dos distintos barrios e de mais facil estudo, temos varios de orixen vexetal, PALMAS, sitio de palmeiras, o estudo do concello di que ese nome ven de un morador do lugar chamado Palmatius.
CARBALLIDO, lugar con profusion de carballos, ainda hoxe. Temos tamen o lugar de Viduido, sitio poboado de vidueiras.
VERDEAL, sitio sempre verde, incluso poida vir dos páxaros de ese nome.
CALVAR, sitio deforestado, nome que se da a tala masiva de arbores, que tamen manten o mencionado Jose Piñeiro noutra lenda.
COSTA, soio temos que mirar, e sobretodo percorrer ese barrio, pa que sobre calquer dubida da procedencia de ese nome.
SAN LOURENZO, onde apareceu dito santo, debaixo de unha rocha que se atopa cerca da capela, ainda que como sabemos non e que aparecese ali o santo que da nome o lugar, sinon que como tantas veces sucedia, ante as continuas invasions piratas, escondianse os santos debaixo das rochas no monte.
Non estou mui trabucado si afirmo que existen na nosa parroquia mais de 400 microtopónimos, moitos conocidos, e a maioria xa esquencidos. Recordemos dous nomes populares xa casi olvidados no meu barrio de nacemento, no camiño da Granxa a Fontiña, Pousafoles, pois nun balado que existe , púñanse os foles (estómagos de carneiros etc) cheos de aréa pa darlles forma, e na Debesa , Setecamiños, pois poñéndonos no medio miramos como eses son os camiños que confluen ali.
É curioso que o contrario que a maioria das poboacións veciñas, nas que se repite o nome máis dunha vez na nosa latitude, nos para atopar Domayo, teñamos que viaxar a Africa, nome de un barrio da cidade de Maroua, situado o norte de Camerún, e Asia, na provincia de  Laghman en Afganistan, un pobo de uns 7.000 habitantes, ò nordes de Kabul; zona de onde, segun Anton Losada Diéguez, proveñen os antepasados de Linn e Gael cando van buscando o niño do sol.

Publ. FESTAS DE DOMAIO, 2.009

2 comentarios:

AMARI dijo...

MOI BOAS:
PARECEME UNHA HISTORIA MOY INTERESANTE.
AS FOOGRAFIAS RECREAN UN ANTES E UN DESPOIS DO EXPLENDIDO DOMAIO.

Antonio M. Verdeal dijo...

Iso pretendo,Gracias