O NAUFRAXIO DO "VIUDA"

Non é este un pobo con unha fonda tradicion mariñeira con relacion coa pesca, pero si coutras actividades relacionadas co mar, como son os asteleiros e o transporte marítimo (non en vano foi coñecida en tempos como "a vila dos asteleiros") polo que como todas as vilas mariñeiras tamén pagará o seu tributo ó mar coas vidas dos seus habitantes.
O naufraxio con mais victimas foi o afundemento do barco de pasaxeiros Viuda, acontecido o 19 de Xuño de 1.875. Nese ano a parróquia tiña arredor de mil habitantes, e como tantas veces, moitos desplazabanse a Vigo a vender nas feiras da urbe productos do campo e leña, alguns a traballar no derribo das murallas e no primeiro recheo da cidade, facer compras e posiblemente a despedir algún familiar que tantas veces tiña que emigrar. Nada presaxiaba que aquel Sábado iba a ser unha das datas mais tristes da historia da parróquia.
O dia era bó, primaveral, ainda que con rachas de vento. A ultima hora da tarde o barco Viuda voltaba da cidade con 24 pasaxeiros a bordo, ó chegar a altura da Guia, un golpe de vento fixo que a fráxil barca volcara, coincidindo que outro barco de pasaxe que cruzaba cerca en sentido contrario socorreunos recollendo a 12 persoas. Cando iban a marchar, oiron berrar nas bodegas, po lo que fixeron un burato no casco do barco por onde sairon 3 pasaxeiros mais, entre os que estaba o cura párroco, non habendo mais superviventes, a lancha sigue pa Domaio onde esperaba xa o pobo en pleno, comprobando que faltan 9 veciños.
Neses dias estaba no porto de Vigo unha escadra do exército inglés, que nuns botes foron ata a lancha e despois de comprobar que non habia ninguén con vida, remolcaron o Viuda ata a fragata "A Gincourt" onde estivo ata o domingo, facendose cargo da mesma o comandante de mariña que a levou a dársena de Vigo onde deron volta a lancha, atopando os cadáveres de Vicente Veiga e Manuel Peréz que deixa 8 fillos, que engrosan a lista de mortos que serán ademais, Ignácia Fernández de 45 anos, Benita Duran de 18 anos, Maria Benita del Río de 40 anos e as suas fillas Maria e Josefa Regueira de 19 e 14 anos, Francisca Ferradás de 18 anos e Jose Maria Estevez.
A perda de eses 9 veciños fai que o pobo este de loito, no naufraxio mais luctuoso da nosa historia.

(Publ. FESTAS DE DOMAIO, 2008

No hay comentarios: