A LENDA DA POZA DA MOURA

Unha fermosa princesa, fuxindo dunha expedición romana, chegaron a Domaio e van a vivir para o monte, onde seu pai a mantiña cautiva para que ninguén puidese intimidar con ela. Deixaba que ela saíse a asearse de madrugada nugha poza que o río fai naquel lugar. Ela, mentras seu pai durmia, demorábase alí ata o amencer para peitearse e secar ó Sol os seus cabelos.
Un dia un pastor que buscaba novos pastos, parou ó seu rabaño, sorprendeuna e axexando tras dunhas xestas, contemplou ó seu corpo espido e namorouse dela.
Desde enton o pastor pasaba por alí todas as mañans, coidando en facer ruido de abondo para que ela sentise que alguen viña, e non a collese en coiros. Nun principio a rapaza fuxia del, pero de vagar, foron intercambiando palabras entre si, e finalmente acabaron amandose.
Cando o pai se decatou desas relacions irouse, enrebexado deu morte ó pastor e tamén o seu gando.
Desesperada a princesa tirouse a poza e afogou. O rio mudou entón o seu curso e precipitouse ate o val, formando unha longa fervenza na que algúns quixerón ver os longos cabelos da rapaza afogada.
Disque no fondo desa poza segue o peite de ouro con que ela se peiteaba.


No hay comentarios: