DOMAIO EN 1.752

Administrativamente pertenecia Domaio á provincia de Santiago, en Cangas estaba a sede xudicial.
O mandatario na parróquia era o maiordomo pedáneo (alcalde) Martín de Meyra, e pa arranxar os conflictos entre os parroquians estaban os peritos, ou "homes bos" Micael Calvar e Alberto de Rosal.
As 231 familias, que facían os 865 habitantes en ese ano, vivian maioritariamente nun tramo intermedio entre Burela e Rio Pequeno, ainda que con unha importante colonia en Fondón e San Lourenzo, pero sin dubida, o centro neuralxico da parroquia estaba en Rio do Bazo, onde estaba a alcaldia e a igrexia de Santa Maria.
O acceso á parróquia por terra era mui dificultoso, po os montes escarpados que hai a ambos lados, Aradoiro e Borna, "en Domaio non entra fidalgo a cabalo nin carro ferrado" como di ese dito popular da época.
O motivo de residir na parte intermedia-alta da parróquia é a constante ameaza de ataques piratas, polo que tiñan a murlla no Aradoiro (mui deteriorada dende a batalla de Rande) e un posto de vixilancia no alto da Portela, A Gurita, dito posto de vixilancia era un rectangulo de un prfecto acabado de 4 x 3 metros aproximadamente e con un ventanuco na cara sur, desde onde se divisaba a boca da ria, e onde estaba un vixilante permanentemente, que o avistar un buque adentrandose na ria que fose sospeitoso, corria por u camiño, que ainda se conservan alguns tramos, hasta chegar a Burela, onde alertaba á poboación, que escondia as pertenenzas mais prezadas e adentrabase nos montes a esconderse. Ese posto de vixilancia estibo en pe hasta principios do pasado século.
Según o catrasto do Marqués da Ensenada de ese ano, comprobamos como de sempre esta foi unha parróquia marioritariamente agricola, lembremonos de estas foron das primeiras terras de Galicia en facer plantacións do millo traido de America. Habia236 labradores e 16 mariñeiros, habia tamen, 5 tecedores, 1 xastre, 1 estanqueiro, 2 carpinteiros, 1 zapateiro, 5 soldados, na parte "sanitaria" estaban 2 ciruxanos sangradores e contabase con unha importante "delegacion de facenda" co 2 arredadores de impostos, que se encargaban de recadar 3.500 realesanuais, que se repartian a partes iguales a igrexa parróquial e o colexio de Fonseca en Santiago.
Como se comproba, o poder da igrexa é absoluto, lembremonos que ainda estaba en vigor a inquisicion.
Hbia 21 muiños que se repartían en pequenas sociedades e 3 barcos de pasaxe que se repartian de igual forma. Contabase con unha importante colleita de mel con 345 colmeas.
En estes dias comprobamos que o que tanto costou facer os nosos ancestros, desapareceron ou estan en vías de facelo para sempre, os muiños, os vellos camiños, as fontes, esas pedras que forman parte da tradicion popular, a pedra do Navío, a pegada de San Pedro, o trouqueletrouquele, a pedra ben pousada...
Estaremos a tempo de que non se siga perdendo o noso pasado?

(Publ. FESTAS DE DOMAIO 2.007

No hay comentarios: