A JOSE PIÑEIRO, O POETA DE TELLAMAR

Amigo José,
na praia da Tella
caian como bágoas
as estrelas.

O enterarme do teu pasamento, viume a memoria aquel poema que lle dedicou Ramon Cabanillas a Castelao na sua morte. Tiven a sensación de que algo deste pobo en que naciches, tiveches a túa existencia e quixeches, morria tamen.
Ollando os teus poemiñas (miñas verzas, decias ti), atopo o que considero o teu epitafio.

Cuando llegue el postrero dia
en que tenga que partir
será un hermoso dia
será un dia feliz.

Imaxinote co teu amigo, Manuel ó zapateiro, e con todos aqueles que atoparás no mais alá, compartindo as longas tertulias na vella zapateria de Palmás.
Tamen te imaxino paseando, paseniñamente polo paseo olvidado, como ti lle chamabas, pero sin dor, sin penas.

No quiero en la ropa luto
tampoco en el corazón
deseo un amistoso recuerdo
y una sencilla oración.

Podes estar seguro de que os que compartimos a tua compañía, nunca te esqueceremos, nin as tuas historias, e sobre todo, a leccion que nos deches, de amizade, de serenidade, nunca un mal modo, nunca un non.
Algun dia, cando pase moito tempo, alguen estará sentado a sombra dunha arbore-que quizas coidache ti-rodeado de xardins, con nenos por ali xogando e se lembrará do "vello de Tellamar" mentras lee unha historia que ti escribiches e que con agarimo, os teus veciños gardan, poida que entón xa non sexa "o paseo olvidado....paseo Jose Piñeiro?
E sigo lembrando o poema de Cabanillas,

Morreu do mal dos bos e xenerosos
morreu de amor a terra.

Descansa En Paz

(Publ. ARQUIÑA N. 14 /Xaneiro-2001)

No hay comentarios: