XA ERA HORA

Xa era hora, nunha sentencia solicitase para os responsables de un accidente laboral penas de carcel; pidese para o coordinador de seguridade 3 anos e 3 mese e pagar 2.700 € e para o encargado de obra 2 anos e 6 meses e a misma multa, por o accidente acontecido en Xuño do 2003 na praza Fernandez del Riego o cair un obreiro, mentras traballaba na fachada de un 9º piso, a uns 28 mts de altura, sin ter o arnes de seguridade posto nin haber barandilla de segurtidade.
O responsable da obra e sempre o responsable de seguridade do traballador, e non vale dicir que o culpable e o propio traballador,que si os hai incoscientes, pero un traballador non ten a culpa do proceder de un compañeiro "suicida" eu sempre poño como exemplo, que si o xefe te atopa sentado en un traballo chamate o orde si non te despide xa, e si se comete unha falta de seguridade, non o fai.
Non podo negarme a facer un traballo ainda que este en peligro, pois pode custarme o despido. Moitas veces teñome adicado a poñer medidas de seguridade nas obras, incluso a escondidas dos xefes. Eses suicidas teñen todo o beneplacito do empresario, pois son valentes e decididos, segun eles, e certo que ahora avanzouse un pouco poñendo os encargados de seguridad nas grandes obras, ainda que esas persoas son pagadas pola empresa, e normalmente non lles vai atrancar moito a obra, pois as medidas de seguridad, adoitan ter custos economicos e de tempo.
Si queda enterrada unha pala nunha gabia hai que comprar outra, si un traballador queda enterrado, paga o seguro, o responsable do accidente queda impune, ou quedaba. Inclusive por orde do empresario os propios compañeiros despois do accidente, vallaban toda a obra e poñianlle a victima o casco o lado, ou arnes segun o caso, sei de un caso que na caida de un traballador de un tellado o encargado mandou comprar unha corda, e puxeronlla a victima xa morto.
A unica medida de seguridad que teñen moitos e decirlle o traballador -ten coidado, e por moito coidado que se teña si estas en unha zanxa con peligro de derrumbe, si cae, caeche encima, non da tempo de ter cuidado, pero con esa frase quedalles a conciencia tranquila.
Naturalmente hai moitos empresarios sensibles a esa lacra e cada vez mais, pero non tantos como deberia haber.
Teño mirado na miña vida laboral, autenticas barbaridades, e vivido algunha tamen, dende mirar subidos a un tellado con con unha forte pendente, e chovendo, a dous traballadores que como medida de seguridade collianse da man, con elo caerian os dous, e andando po lo petril de un edificio a 12 mts de altura sin ningun tipo de proteccion, e non son casos aislados sinon que e o mais normal. pero claro outra das frases miticas e a de -fixeno moitas veces e nunca pasou nada...hasta que pasa.
Afirmo moitas veces que o casco deberia estar prohibido en alguns traballos, e sin embargo e unha teima dos inspectores e responsables de seguridad, teñen unha mania fixa co casco, sendo case sempre no unico que miran e sancionan, cando en sitios o casco, nin e necesario nin protexe. Agora esta de moda os chalecos reflectantes, miramos a parvada das visitas institucionales a obras que poñen o chaleco, ata agora poñian o casco, non sei para que, pois por onde pasan non se esta traballando, e non digamos que en esas visitas estrenanse toda clase de indumentaria os taballadores.
Haber si, de unha ves se deixa de teorias e estudos e leis que nin sirven, nin se cumplen, e se empeza a dar algun paso real para parar o numero de accidentes.
En España hubo no 2008, 831 mortos, 72 en Galicia, nos 828.941 accidentes denunciados, mais de 50.000 en Galicia e a gran maioria de accidentes non se denuncian, pois chamanlle accidentes blancos.
Temos que ser conscientes de que todos os accidentes son evitables, pero non se evitan dicindo.... -hai que ter coidado!

No hay comentarios: