VOLTAR

Mapa do acontecemento






Acto relixioso en Bouzas o 11 de Decembro

O capitán Severino Gestoso, recorda no libro das festas do ano pasado o naufraxuio do "Arlanza 2" en Decembro de 1.925, e esa crónica resultame inpactante, pois miro todos os dias como os pequenos barcos pasan frente a bahia de Bouzas entre as Cies e o Berbés, iso fai que acuda as hemerotecas locales e faga unha clara composición dos feitos;
O xoves dia 10 sobre as 2 da madrugada sairon do porto de Bouzas a faenar, como sempre os buques de vapor xemelgos "Arlanza 1" e "Arlanza 2". Dempois de estar todo o dia pola cara Oeste das Cies, e o estar o "Arlanza 2" con as bodega case cheas, decidese voltar cara a Bouzas, póis o mar ponse cada ves máis bravo.
O "Arlanza 1" adiantase, pois o ir a media carga avanza moito máis, pois o buque xemelgo vai con máis carga e o forte vento dificulta o avance. Detras de este viñan os vapores "Francisco Barreras" e o "Maria" que tamen pescaban en parella, este ultimo o tomar a entrada da ria escoitaron como outro vapor por medio da sirena demandaba auxilio, contestou o "Maria" pero do lugar onde supoñia estaba o vapor que pedia axuda solo se mirou un resplandor seguido de unha explosión, non mirando ningun vestixio do barco, por o que se supuxo que o barco en cuestión estaba afundido,o patrón Augusto Larran da orde poñer rumbo o porto de Bouzas, a onde xa chegara o vapor "Arlanza 1"
A noticia en Bouzas corre como a polvora, e os familiares dos naufragos xuntaronse nos muelles con escenas dramaticas, como corresponde a ese traxico suceso, unha vez máis o pueblo mariñeiro de Bouzas tiña que sufrir a perda de seus fillos no mar. 13 tripulantes desaparecidos a maioria de Bouzas, pero tamén das veciñas parroquias de Alcabre e Navia, e algun de Panxón.
A ultima hora da tarde o vapor "Arlanza 1" e o "Montenegro 11" voltan as Cies para mirar si poden axudar ou averiguar que pasou, mentres os veciños o miran desaparecer na noite. As doce da noite os veciños que están no muelle a espera, anuncian a chegada do buque, o desembarcar a tripulación e rodeada o momento por os familires e veciños dos desaparecidos, dandolle a noticia que non atoparon ningun rastro dos seus compañeiros.
Os familiares dos mariñeiros perden xa calquer esperanza, e a vila, demasiado acostumbrado xa a eses dramas forma unha piña solidaria arredor dos seus familiares. Vaise coñecendo a identidade dos desaparecidos; José García, 45 anos, patron de pesca. Isaac Fernández, 32 anos, patron de cabotaje. Enrique Falque 26 anos, maquinista. Manuel, 16 anos cociñeiro. Jesus García, 18 anos, fogonero. Guillermo Barreiro, 26 anos, fogonero. e os mariñeiros Gabino García, 26 anos. Gabino Carredes, 20 anos. Eduardo Goberna, 24 anos. Francisco Fernández, 36 anos. José Monroy, 28 anos e Constante Carrera de 20 anos.
A version que da a armadora e que motivado o forte vento reinante fixo que rompera o timon e o goberno do buque, estrelandose contra os baixos rocosos do coñecido como Canaval no Sul da isla de Faro.
A poblacion estivo toda a noite na rúa e xa dende a primeira hora da mañan do venres as campas da igrexa tocaron a morto e a flota permaneceu varada con bandeiras a media hasta, e os comercios pechados, mentras os veciños seguian no muelle en pequenos grupos comentado o suceso, e o desamparo en que quedaban as familas dos mariñeiros, sumidas na máis absoluta miseria.
A primeira hora da mañan o "Arlanza 1" con toda a tripulación e o mando do patrón Jesus Suarez, botase o mar en direccion as Cies con a triste misión de atopar algún cadaver, e traelo a terra. Sobre as nove da mañan divisase a súa silueta chegar a altura de Alcabre soando a sirena estrepitosamente, xuntandose toda a vila na plaia de Bouzas creen mirar que a bandeira esta a tope, non a media hasta.
Dende Alcabre, Coia e Vigo bainxan cara a praia pola rúa Ferreiros unha morea de xente, que quere enterarse o que pasou, os naufragos viñan a bordo con vida, e de inmediato as campás de duelo volveronse en sonido a arrebato e as sirenas dos buques de Bouzas e Vigo soaron incesantemente, dando a benvida os mariñeiros que voltaban, mentres se volvian a izar as bandeiras, tendo lugar nos muelles momentos indescriptibles. A cada un que iba baixando, a xente iba pasandose o nome para asegurarse que estaban todos. De seguido a marea de xente desplazase a igrexa onde se celebra unha misa de accion de gracias.
Xa pola tarde celebrase unha misa con os mariñeiros aparecidos en primeira fila, e a metade do acto aparece o alcalde de Vigo Sr. Gregorio Espino, que non pode entrar co enorme xentio que esta na igrexa, xa o remate do acto felicita e abraza os mariñeiros os cales lle piden que premie os fareiros das Cies, o que o alcalde lle contestaría que solo cumpliron co seu deber, pero que o tería en conta. Os mariñeiros van contando a todos os acontecementos que viviran;
Viña o buque con vento de popa, e destrozouselle o timon e levando o buque hasta os baixos
denominados Ferruxan, o buque "Maria" habia mirado no punto mais o sul da illa denominado
Canaval, e antes de envestir con as rochas, o patron de pesca tirase o mar levando un cabo que atou en terra, deslizandose os 12 tripulantes que quedaban a bordo hasta terra, xusto antes de esnafrarse o barco contra as rochas, e subiron o acantilado hasta alcanzar o faro, donde chamaron, contestandolle con un tremendo susto a filla do fareiro que avisou o pai e a outro fareiro e atendendo xa os naufragos con todas as atencions, dandolle a comida que tiñan, as súas roupas, licores e facendo lume para quentarse, xa pola mañan apareceu o buque compañeiro tocando a sirena, contestando os naufragos con berros e señales de lume, producindose o xubiloso encontro.
A bordo do "Arlanza 2" viaxaban tamen dous cans o Cuca e o Clyde, o primeiro dos cales apareceu entre as rochas o embarcar, sendo o can Clyde a unica victima mortal do suceso.




A bahia de Bouzas por esa época













A tripulación do Arlanza 2






No hay comentarios: