Jenaro de la Fuente Dominguez nace en Torquemada, Palencia en 1851,outras informacións
di que en Valladolid . Quita o título de mestre de obras en Madrid en 1871.
Oposita o corpo de ixenieiros da armada e foi
destinado a Vigo, onde fai obras militares asi como en Pontevedra,Tui, Ourense, Monterrei e na Illa de Tambo.
En 1877 empeza a facer obras para particulares. En
1883 abre unha academia de dibuxo na rúa Baixada a Fonte e da clases na Escola de
Artes e Oficios e abre o seu estudo na rúa Vazquez Varela. En 1994 e nomeado director facultativo de
obras do Concello de Vigo. En 1903 o Colexio de Arquitectos ponlle unha demanda
por exceder as suas competencias, póis según unha lei de 1870, os mestres de
obra, titulo que ten Jenaro de la Fuente, non lle permite facer obras públicas,
o concello manteno no seu cargo. En 1908 e 1911volven a demandalo, pero segue
de titular de obras do concello ate a súa morte acontecida no ano 1922.
En Bouzas deixou a súa pegada en varias obras;
O mercado de Bouzas foi deseñada por el no ano1903,
aínda que non se construe ata o ano 1923, sendo o deseño final máis reducido,
por motivos económicos.
Na rúa do Pazo Nº 4 edificio para Baltasar Gestoso Pujales, construido no ano 1905
O edificio que da a Avenida Eduardo Cabello Nº5, e na
parte posterior a rúa Covadonga Nº 9 foi deseñada para Benigno Montenegro no
ano 1908
Na rúa Ferreiros a casa co Nº35 edificada no lugar doutra antiga vivenda para
Faustino Rodríguez no ano 1920.
No Nº 6 da rúa rúa Covadonga, onde estaba a tenda de
Casimiro, e Santo Cristo Nº 2, temos dúas
edificacions con parecidas carecteristicas deseñadas tamén por Jenaro de la
Fuente .
Para o armador Benigno Montenegro Feijoo diseña unha
casa na Avenida Tomás A. Alonso Nº 295, con un espectacular acabado no ano
1920. En esta edificación pode que tomase parte no proxecto o seu fillo Jenaro
de la Fuente Alvarez, quen diseña o edificio situado na rúa Paulino Freire Nº 21
e 23 así coma a pérgola de Eduardo Cabello.
A obra de Jenaro de la Fuente Dominguez, ecléctica
de clara influencia francesa, e fácilmente recoñecida por dispoñer de elementos
de ornamentación peculiares en todas as suas construccions.
A sua obra na contorna e mui extensa, sendo o
principal artificie do ensanche da cidade. Moitos edificios xá desapareceron,
pero por sorte, coa nova tendencia de recuperación de edificios
históricos, ainda existen muitos para o
difrute da súa rica arquitectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario