JENARO DE LA FUENTE EN BOUZAS



Jenaro de la Fuente Dominguez  nace en Torquemada, Palencia en 1851,outras informacións di que en Valladolid . Quita o título de mestre de obras  en Madrid en 1871.
Oposita o corpo de ixenieiros da armada e foi destinado a Vigo, onde fai obras militares asi como en Pontevedra,Tui, Ourense,  Monterrei  e na Illa de Tambo.
En 1877 empeza a facer obras para particulares. En 1883 abre unha academia de dibuxo na rúa Baixada a Fonte e da clases na Escola de Artes e Oficios e abre o seu estudo na rúa Vazquez Varela.  En 1994 e nomeado director facultativo de obras do Concello de Vigo. En 1903 o Colexio de Arquitectos ponlle unha demanda por exceder as suas competencias, póis según unha lei de 1870, os mestres de obra, titulo que ten Jenaro de la Fuente, non lle permite facer obras públicas, o concello manteno no seu cargo. En 1908 e 1911volven a demandalo, pero segue de titular de obras do concello ate a súa morte acontecida no ano 1922.
En Bouzas deixou a súa pegada en varias obras;
O mercado de Bouzas foi deseñada por el no ano1903, aínda que non se construe ata o ano 1923, sendo o deseño final máis reducido, por motivos económicos.
Na rúa do Pazo Nº 4 edificio para Baltasar Gestoso Pujales, construido no ano 1905
O edificio que da a Avenida Eduardo Cabello Nº5, e na parte posterior a rúa Covadonga Nº 9 foi deseñada para Benigno Montenegro no ano 1908
Na rúa Ferreiros a casa co Nº35  edificada no lugar doutra antiga vivenda para Faustino Rodríguez no ano 1920. 
No Nº 6 da rúa rúa Covadonga, onde estaba a tenda de Casimiro,  e Santo Cristo Nº 2, temos dúas edificacions con parecidas carecteristicas deseñadas tamén por Jenaro de la Fuente .
Para o armador Benigno Montenegro Feijoo diseña unha casa na Avenida Tomás A. Alonso Nº 295, con un espectacular acabado no ano 1920. En esta edificación pode que tomase parte no proxecto o seu fillo Jenaro de la Fuente Alvarez, quen diseña o edificio situado na rúa Paulino Freire Nº 21 e 23 así coma a pérgola de Eduardo Cabello.
A obra de Jenaro de la Fuente Dominguez, ecléctica de clara influencia francesa, e fácilmente recoñecida por dispoñer de elementos de ornamentación peculiares en todas as suas construccions.
A sua obra na contorna e mui extensa, sendo o principal artificie do ensanche da cidade. Moitos edificios xá desapareceron, pero por sorte, coa nova tendencia de recuperación de edificios históricos,  ainda existen muitos para o difrute da súa rica arquitectura.





A VERDADEIRA DIVISIÓN TERRITORIAL



A verdadeira e secular división territorial son as comarcas e parróquias, a provincia e concellos e unha ilóxica e antinatural división.
Existen parróquias que pertecen a varios concellos e comarcas a varias provincias. 

29 M




29 Marzo, Gran Via (Foto Faro de Vigo)
Vale máis unha imaxe..........................

A HISTORIA CASE SEMPRE SE REPITE

                                         

    

    

XUSTIZA ?


Os asasinos de Marta del Castillo absoltos.
Cristina de Borbón, a socia de Urdangarín, non incluida na investigacion do caso Nóos.
Os corruptos Camps e Costas absoltos.
O xuiz Garzón xulgado por investigar a trama de corrupción Gurtel e o xenocidio franquista.
...que carallo de xustiza é esta?

OS MAPAS DA VERGOÑA



http://www.nomesevoces.net/gl/mapas/

75 ANOS DEMPÓIS, OS QUE  RECLAMAN QUE OS TERRORISTAS PIDAN PERDON, IMPIDEN A XUSTIZA POLO ILEGAL E BRUTAL GOLPE DE ESTADO E POSTERIOR XENOCIDIO DE 1936.
AS VICTIMAS SEGUEN EN FOXAS COMUNS.
OS VERDUGOS SEGUEN HOMENAXEADOS.