DOMAIESES DE HONRA







Estes días esta de actualidade a señalización dos nomes das rúas de Domaio.  Os nomes que deben de prevalecer son os que xá usaron dende tempo inmemorial os nos devanceiros, pero non quero pasar a opurtunidade de recordar que temos moitos homes e mulleres domaieses de nacemento e adopción cos que estamos en deuda, e estamos a tempo de rendirlles un homenaxe, póis moitos viviron para os demais, e hasta morreron por este pobo;
O 8 de Decembro de 1.617, foi unha data fatídica para o noso pobo, en que unha escadra de piratas turcos, desembarca na praia, matando a sete conveciños, entre os que está PEDRO BARBA, o home da canguesa MARIA SOLIÑA.
MARTYN DE MEYRA foi o alcalde-pedáneo en unha longa etapa do século XVIII.
Dende as terras de Guatemala JUAN ANTONIO ROSALES, mandou construir en 1.786 o primeiro edificio para escola pública do Morrazo, e que tivo  activaidad durante case dous séculos. 
En 1.836, a raiz da constitución do novo sistema municipal, JOSÉ DEL RÍO, JUAN DAVILA, TOMÁS VEIGA e o vigués MANUEL GOMEZ, loitaron para conseguir axuntamento propio para Domaio.
O 19 de Xuño de 1.875 e outra data luctuosa, en que se afunde o barco de viaxeiros "VIUDA" morrendo nove veciños, sendo o naufráxio con máis victimas da nosa história..
O músico clarinetista AGUSTIN REGUEIRA ROMERO, foi o director da banda de musica de Domaio, que houbo a principios do pasado século. Escribiu letra e música para as celebracions de antroido. No baixo da sua casa de Palmás existio unha taberna e un un baile. Foi un dos personaxes máis salientables da história da parróquia.
O catedrático ANTON LOSADA DIEGUEZ, politico, escritor, xenro do dono da finca de Montalegre, o abogado LAURENTINO ESPINOSA VALLADARES, que foi xuiz municipal e alcalde de A Estrada, en 1925 fanse as primeiras excavacions na finca, do cal Losada escribe varias memorias.  Da lenda "Camiñantes" diría, "xurdiu de un solpor de Domaio". 
RAMON OTERO PEDRAYO, que nos séus libros de viaxes, chamalle a comarca do Morrazo "Peninsula de Domaio".
Tivemos entre nós, entre outros ilustres visitantes, o politico e escritor DANIEL CASTELAO e o insigne poeta RAMON CABANILLAS.
Sen dúbida a etapa máis salientable do noso pobo foi a da segunda república, co local da Sociedad de Agricultores como centro dinamizador, baixo a presidencia de JOSÉ PALMÁS PAZ.
Tras o golpe de estado de 1.936 o local será desmantelado e o último responsable JOSÉ RÍOS GONZÁLEZ, xunto co presidente da Agrupación Socialista de Domaio,  FRANCISCO GONZÁLEZ RÍOS, serán asasinados a finales de ese fatídico ano, o mesmo que o concellal socialista FRANCISCO FERNÁNDEZ, executado en Cruz da Maceira o 4 de Outubro de 1936, e afundido na ría,  quen dende o concello foi, sin dubida, a persona que máis fixo pola nosa parróquia nos derradeiros seculos, como o muelle, a iluminación pública, a carretera de San Benito, e outras melloras, pero sobretodo,  benefactor das familias máis necesitadas.
MANUEL MOREIRA CONDE, presidía  o Circulo da Xuventude, que organizaba bailes, teatro e outras celebracions culturais e festivas na parróquia.
MANUEL CALVAR GONZÁLEZ foi asasinado o 19 de decembro do 36,  CLEMENTE CALVAR SOLLA foi executado en Xinzo, preto de Ponteareas o 5 de Abril do 37 e soterrado nunha foxa común no séu cimenterio.   Os seus irmáns BASILIO, JOSÉ e MANUEL serán perseguidos e encarcelados, igual que FRANCISCO CORTEGOSO RÍOS, JOSÉ GARCIA COELLO, EUGENIO OTERO ACUÑA, JOSÉ PALMA PASTORIZA e MANUEL VEIGA RÍOS. O unico delito que cometeran foi defender a legalidade democrática. 
ELVIRA LAGO BÚA, mestra nacinal, na escola de Calvar, entre novembro de 1936 e xaneiro de 1938, en que foi sancionada e trasladada con perdida de haberes para Padrenda, na provincia de Ourense
ROUCO foi o acordeonista animador das celebracións festivas na postguerra.
O medico MAXIMINO PERALBA FREIRIA foi o primeiro presidente do Domaio Futbol Clúb, ainda que o artificíe da súa fundación  foi o industrial BENITO FERRADÁS PIEDRAS, que tamén participou en campionatos de ciclismo e foi alcalde do Concello.
O periodista DELARENAS SANTAMARIA, foi fiel cronista de aquel equipa na primeira etapa, en 1.948 faiselle un partido homenaxe na Granxa.
MANUEL FILGUEIRAS seria presidente do clúb durante doce anos, en que acadaría a final da copa de fútbol afecionado de Galicia.
JOSÉ RODRIGUEZ "JOSÉ DE MEIRA", quen lle adicou o clúb casi toda a súa vida, concedeuselle pola Federacion Gallega de Fútbol, a medalla de ouro o merito deportivo. O torneo de veran que tamén é a presentación do equipo leva o seu nome.
CANDIDO PALMÁS, KINO, foi un dos artifices do resuxir do clúb na terceira etapa, quen desinteresadamente sempre estivo axudando, compartindo o amor o clúb domaiés e o Celta de Vigo.
A chave foi outro deporte federado na parróquia gracias a JULIO MAGALLANS.
No ciclismo tamén tivemos quen de representarnos con MANUEL ROSALES ROSALES, quen na década dos 30 participou en varios campeonatos con salientables actuacions. 
PANCHO PIÑEIRO, musico, fotógrafo, dinamizador cultural nos anos 40.
JOSÉ PIÑEIRO SOLLA, o noso poeta, que deixou escrito en pequenos poemas o debir da parróquia das últimas décadas. O paseo marítimo que el non chegou a mirar terminado, deberia levar o seu nome.
MANUEL MIGUEZ "O ZAPATEIRO DE PALMÁS", de prodixiosa memoria, na súa zapateria habia unha animada tertulia, donde se fraguaron algúns logros para a parróquia.
JOSÉ PASTORIZA "PEPE DAS FESTAS" presidiu o clúb de xubilados e  a Comisión de Festas de San Benito, outro dos nosos simbolos, onde estivo moitas veces o compositor BERNARDO DEL RIO.
Todos coñecemos ou habemos oido falar de JOSÉ GONZÁLEZ "ROQUE" que serviu materiales para moitas das vivendas da parróquia, sin nunca ter presa para cobrar, JOSÉ DE JUANA o popular carteiro, LUCIANO CASQUEIRO compoñente do coro Montalegre e artesán carpinteiro, outro carpinteiro foi JOSÉ VEIGA o mudo encargado do marcador da Granxa.
DIEGO RIOBÓ MARTÍNEZ, o concelleiro que foi o artifice da modernización do campo da Granxa e do centro cultural, que esperemos algún dia teña o seu nome, ademáis de recuperar as tradicions da parróquia, coma o antroido.
A entrañable ELVIRA RÍOS quen no descanso da pelicula dos domingos, non deixaba a ningun rapaz sin bocadillo no mítrico cine Montefaro que rexentaba TUCHO FERRADÁS, quen ademáis presidiu o Domaio F.C. en unha etapa dos anos 80 e o Titán, filial do club na década dos 40.  E quen non se lembra da dinámica PALMIRA, e tantas outras persoas que non menciono aqui e están na nosa memoria.
Tampouco estamos sobrados de monumentos nos lugares públicos, póis aquelas pedras que formaron parte das nosas lendas, a maioria estan desaparecidas, por iso e vergoñento que a talla en pedra da alegoria que estaba na entrada do local do Sindicato de Agricultores, promobida pola U.G.T. e inaugurado o 1º de Maio de 1.913, cen anos dempóis siga escondido e abandonado.  
E que mellor homenaxe a aquela xente, que enseñalo a vista de todo o pobo e visitantes en un sitio público, como pode ser o inacabado paseo marítimo ou o Centro Cultural Rosalia de Castro.
A idea de situalo no antigo local, non é a máis axeitada. póis pareceme irrecuperable para estos tempos, ademáis de estar escondido.
UN POBO QUE ESQUECE ESTÁ CONDENADO A DESAPARECER. Non sigamos escondendo o noso pasado.  Que non se diga que non temos memoria histórica e que non estemos orgullosos de eses DOMAIESES DE HONRA.







 

  
                                                                                 Placa no campo de fútbol da Granxa

                                                                            
Plaza J. Antonio Rosales