A cidade de Pontevedra convoca unha manifestación para que se quite servizos a Vigo, increible, non se pide máis servizos para a cidade do Lerez, sinon para que non os teña Vigo, nin comer nin deixar comer.
Xa boicotearon o xulgado mercantil e a oficina de trafico. Hasta non hai moito habia que ir a Pontevedra a facer unha simple xestión, cando o motivo de ir tería que ser para disfrutar de unha cidade tan interesante coma descoñecida.
Que podemos pensar de uns politicos que toman esa decisión, que fomenta os localismos trasnoitados que traen odios entre cidades veciñas, pois que teñen a fama ben ganada, ainda que aberá excepcions, claro. Resulta máis extraño ainda cando a cidade ten un alcalde de un partido politico que di ser claro defensor da nosa identidade, e a provincia e unha institucion antinatural e centralista, a división natural en Galicia e a parroquia e a comarca, si será tan absurda a división provincial que hai algunha parroquia en Galicia que pertece a máis de unha provincia.
Tamén e verdade que a delegación da xunta en Vigo e un simple acto de propaganda do goberno do Sr. Feijoo, que esta valeiro de contido.
Pobre país en que se chega a facer unha manifestación para que o veciño non progrese.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario