A RAPAZA DA CARRETEIRA



Pedro ea súa irman Esther despedironse na porta da casa,  como sempre, deixando dentro a catro irmáns  máis pequenos e a súa nai, seu pai andaba por Castela o xornal,  tiñan que axudar na casa. Pedro traballaba no monte cortando leña que dempois repartia por as aldeas dos arrededores, tiña que madrugar, pois esperaballe unha longa camiñata, a súa irman Esther traballaba nunha fabrica de conservas nunha aldea do lado.
Pedro colleo o atallo polo camiño do outeiro, ata chegar a carretera, mentres iba soñando que algún dia atoparia unha vida millor, mui de cando en ves pasaba un automovel, e Pedro deixaba voar os seos pensamentos e viase dentro dil con unha rapaza o lado e varios cativos atrás. Pero o momento mirabase e só miraba un rapas con unha chaqueta que fora de seu pai e un pantalon con tantos remendos, que xa non se sabia cal era o seu cor orixinal.
Unha mañan cando iba cos seus soños, viu o lexos unha rapaza que se acercaba e o pasar o lado del, adicoulle unha mirada e un sorriso, Pedro queda mirandoa mentres a rapaza se iba perdendo na lexania.
Nos dias seguentes Pedro vai pola carretera a sempre a mesma hora, e despacio cando pasa polo sitio que se cruzara co a rapaza, vai máis de vagar, pero o mirar que o sol vai saindo ten que ir máis apresa, non pode chegar tarde ao traballo. Agora, nos seus soños, cando pasa un automovel mirase el dentro pero o lado xa non mira unha rapaza, sinon aquela rapaza que atopara na carretera.
O chegar o vran Pedro non faltou a unha romeria das aldeas dos arrededores, aquela rapaza tiña que ser de cerca, póis iba andando por aquela carretera, Esther a súa irman, o decatarse da tristeza de Pedro, animábao e lle decia que tiña que atopar unha moza, que con ela traballaba Eva unha moza mui bonita , que tiña que presentarlla, o que Pedro sempre lle respondia, -eu xa teño moza.
Pedro xa perde a esperanza de atopar aquela moza, moitas veces creia mirala o lonxe e o acercarse co corazon latexandole ata case estalarlle, comproba que non era a rapaza de aquel soriso.
Un dia mentres Pedro esta na romería de San Breixo atopa a súa irman que está con un grupo de amigas, e chama por el, -Pedro ven aqui, mira presentoche a Eva a miña compañeira de traballo, Pedro achegase de mala gana, levanta a cabeza, e atopase cos ollos de Eva que lle sorrie, Eva era a rapaza que tanto andara buscando. Atopara  a rapaza da carreteira.




a Juanita e José, que xa atopou aquel sorriso

No hay comentarios: