PRIMEIRO TRATADO DE PESCA NA RIA DE VIGO, 1573

En la feligresía de san pedro de domayo, jurisdicción de la villa de cangas a veynte e nueve dia del mes de enero de mille quinentos e setenta y tres años…. Asi empeza o documento da primeira normativa para a pesca da ría de Vigo, firmada en Domaio en 1573. Reunianse os procuradores xerais (que obstentaban a alcaldía) procuradore xerais, rexedores (concelleiros) e cinco veciños de cada un dos portos de Vigo, Redondela e Cangas. Juan Fernandez Pintos exerceu de xuiz e escribano, estando presentes tamén; Diego Dorado(Tenente de xuiz), Juan Daboida (notario e escribano)Esteban de Cangas, Gregorio de Seixo, Juan Fandiño, Pedro de Refoxo, Diego Bravo, Gonzalo Barreiro, Pedro de Cabral, Gregorio Sarmiento de Valadares, Alvaro de Nogueira, Juan Rodriguez Cabral, Gregorio Barreiro, Bartolomé de Presedo, Miguel Dayala, Francisco Rodríguez, Gregorio Area, Francisco Duralle, Francisco Dabal, Pedro Fernández Mendez, Miguel Dayala, Pedro Dorado, Pedro de Balexas, Bartolome de Presech, Pedro de Bilaboa, Francico Dajuan Griccio e Gregorio de Curras,alcalde de Domaio Dito tratado de 10 puntos regulaba a pesca na ría impoñendo normas de descanso, prohibiase sair a pescar dende a posta de sol do venres ate as 12 da noite do domingo, Quedaba vedada a pesca da sardiña dende xaneiro a maio. Tamén se establecia as medidas dos distintos métodos de pesca, as redes non podían ter máis de 150 mallas e cada malla tiña que ter máis do grosor de dous dedo de un home. O incomplemento das normas acareaba multas dende 30 ducados ate a retirada do barco e carcere a os reincidentes. Este tratado foi o antecedente para o actual modelo de pesca sostible, e sirviu de modelo para as posteriores leis de pesca que chegou a os nosos dias. (Fotos; 1-Zona marítima en 1926. 2-Primeira páxina do tratado. 3-Casa do almacén, existente en esa época e posible lugar da firma do tratado.)

No hay comentarios: